top of page

Cruces convoca o programa ‘Concilia Nadal 2025’ para as familias que precisen nestas festas

A inscrición estará aberta do 1 ao 9 de decembro e as bases dispoñibles xa na web do Concello


Ecos da Comarca/Vila de Cruces

O Concello de Vila de Cruces convoca o programa ‘Concilia Nadal 2025’ para facilitar a conciliación da vida laboral e familiar. Ofreceranse actividades lúdico-educativas durante as vacacións de Nadal exclusivamente para o alumnado do CEIP Cerdeiriñas de Piloño e o CEIP Nosa Señora da Piedade de Cruces os días 22, 23, 24, 26, 29, 30 e 31 de decembro e o 2, 5 e 7 de xaneiro, en horario de 8:45 a 13:15 horas. As actividades desenvolveranse nas instalacións do CEIP no que curse estudos cada nena ou neno.

ree

 Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información.
Preme na imaxe para obter máis información.

As prazas son limitadas e a inscrición estará aberta do 1 ao 9 de decembro, ambos días incluídas. Pódense consultar as bases na web do Concello https://viladecruces.es/ onde

estará dispoñible para descarga a ficha de inscrición. Unha vez cuberta a ficha, deberá

enviarse ao correo electrónico mireya.otero@viladecruces.es . As inscricións serán

aceptadas por orde de chegada.


Publicidade

Preme para contactar con nós e pregunta polas tarifas que son unha bicoca!
Preme para contactar con nós e pregunta polas tarifas que son unha bicoca!

O prezo é de 35 euros por participante. Para confirmar a praza será imprescindible ter

feito o pagamento antes do 15 de decembro co envío do correspondente xustificante de

pago ao mail mireya.otero@viladecruces.es , previa confirmación a través de mail de

que teñen praza outorgada no programa.




Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page