Cruces celebrou unha animada Festa do Chourizo a pesar da chuvia
- ecosdacomarca

- hace 6 minutos
- 1 Min. de lectura
Repartíronse gratuitamente 80 quilos de chourizos de tres carnicerías locais: Maceiro, Mosquera e Mariño
Ecos da Comarca/Vila de Cruces

O Concello de Vila de Cruces celebrou onte a súa XXXIII Festa Gastronómica do Chourizo na Praza do Concello (Praza Juan Carlos I).
Publicidade/DOAZÓN PARA ECOS DA COMARCA

Aínda co tempo en contra, xa que a chuvia non cesou en toda a mañá, multitude de persoas asistiron a esta xuntanza na que se respiraba un magnífico ambiente, onde a
veciñanza se animou a degustar gratuitamente 80 quilos de chourizos de tres carnicerías locais: Maceiro, Mosquera e Mariño.
Publicidade
Os chourizos, feitos á brasa por Lucho e Fausto, servíronse acompañados de pan, auga e viño.
Publicidade
ECOS DA COMARCA tamén estivemos alí. Nos vindeiros días publicaremos a nosa reportaxe en vídeo! Estade atentos ás nosas redes sociais.








Comentarios