top of page

Crean un mapa interactivo con visor dos puntos contaminantes da mina de Touro

Esta ferramenta ofrece tamén o acceso a fotografías detalladas e vídeos ilustrativos dispoñibles en Youtube


Ecos da Comarca/Touro

Unha agrupación de veciños da localidade de Touro creou un mapa interactivo con visor dos supostos puntos contaminantes da mina deste municipio. Trátase dunha ferramenta dixital con información actualizada dos focos de contaminación.

"O mapa interactivo da Mina de Touro é unha ferramenta de consulta que te traslada á realidade actual dos terreos da Mina de Touro e a súa contorna a través de imaxes datadas e xeorrefenciadas. Nel podes ver o estado actual dos cursos de auga nos terreos mineiros e na súa contorna, o estado das entulleiras da mina, das balsas, dos vertedoiros de residuos ou tecnosoles", explican os creadores.


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información do evento.
Preme na imaxe para obter máis información do evento.

Esta ferramenta ofrece tamén o acceso a fotografías detalladas e vídeos ilustrativos dispoñibles en Youtube, que complementan a información xeográfica e ofrecen unha visión máis completa da situación actual da Mina de Touro.


"A finalidade da ferramenta é permitirlle a cidadáns, expertos e mesmo administracións obter unha visión clara e actualizada, da realidade dos terreos e da súa evolución, confrontándoa coas mensaxes de "greenwashing" abundantes na prensa e nas redes sociais promovidas pola empresa mineira", sinalan.


Publicidade

Preme na imaxe se queres contactar connosco.
Preme na imaxe se queres contactar connosco.

Consulta o mapa interactivo no enlace de google earth::


Tamén podes seguir á agrupación de veciños de touro na súa canle de Youtube:


Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page