Cotizacións da central agropecuaria de Silleda deste martes, 17 de febreiro 2026
- ecosdacomarca

- hace 12 horas
- 2 Min. de lectura
A central informa das datas deste 2026 nas que non se celebrarán as poxas de recría
Ecos da Comarca/Silleda
Onte, martes, tivo lugar unha nova poxa na Central Agropecuaria de Galicia Abanca de Silleda. Tal e como se informou a semana pasada, as cotizacións agora pasan a diferenciar as correspondentes a becerros pasteiros. Se o pasado martes, por cuestións técnicas, diferenciáronse unicamente en canto a prezos unidade e figuraban nun apartado dentro da categoría de “Becerros carniceiros”, dende onte conforman xa una categoría propia denominada “Pasteiros”.

Como se explicaba o pasado martes, esta diferenciación vén propiciada pola dispoñibilidade dende ese día dun terceiro pavillón para acoller os animais da Central, o cal alberga dende entón aos becerros carniceiros e pasteiros, permitindo separar a estes últimos dos becerros de recría e telos así mellor localizados. Así, facilitarase aos compradores facer unha mellor e máis cómoda valoración dos animais para a súa posterior poxa e ademais suporá que os prezos medios serán máis coherentes e equilibrados dentro da categoría de “Becerros de recría”.
Publicidade
Ademais, este martes a Central indicaba que tal e como se ven facendo nos últimos anos na Central Agropecuaria de forma consensuada cos principais operadores de becerros de recría deste mercado, suspenderanse diversas poxas desta categoría ao longo de 2026.
"Lembramos que o motivo une, por unha banda, a celebración ou proximidade de festividades que de por si xa reducían a asistencia ao mercado nesas datas, e por outra, a necesidade destes operadores de regularizar os días de compra de gando para mellorar a súa operatividade e conciliación", recalca.
Publicidade/DOAZÓN PARA ECOS DA COMARCA

Así, nas seguintes sesións non se celebrará a poxa de becerros de recría:
17 de febreiro, martes de Entroido
31 de marzo, martes de Semana Santa
11 de agosto, debido á proximidade da festividade do 15 de agosto
8 de decembro, festividade da Inmaculada Concepción
29 de decembro, debido as datas de Nadal e proximidade a Fin de Ano
"Destacar que nestas datas si haberá poxas de pasteiros, becerros carniceiros e vacún maior".
Publicidade
Por outra banda, o día 2 de xuño, debido á celebración esa mesma semana da Feira Internacional Abanca Semana Verde de Galicia, suspenderanse todas as poxas. Así mesmo, o martes seguinte, 9 de xuño, suspenderase unicamente a de vacún maior.
COTIZACIÓNS MARTES 17 FEBREIRO 2026:








Comentarios