top of page

Cortegada e unha vivenda de Bazar, gañadores da 6ª edición do Certame de decoración #SilledaFaiNadal

Os galardóns suman máis de 3.500 euros para gastar no comercio e hostalería do municipio

Laura Moure/Silleda

A sexta edición do certame de decoración navideña #SilledaFaiNadal xa ten as creación gañadoras. O xurado reuniuse nas últimas horas para a posta en común e valoración das propostas deste certame, que reparte máis de 3.500 euros en premios, consistentes en vales para gastar no comercio e hostalería do municipio, despois de visitar e analizar

os traballos participantes. Á puntación do xurado, sumaronse os “gústame” recadados ata a tarde do pasado mércores 31 no perfil do Facebook do Concello.

Na categoría colectiva, no apartado de prazas e espazos públicos o primeiro premio (800 €) é para a Asociación Sociocultural de Cortegada, polo seu “Home de Xenxibre”, ubicado na carballeira de Camporrapado da citada parroquia. A veciñanza da praza Mestre Mateo repite no palmarés co segundo premio (500 euros) que decorou un ano máis con distinto material de refugallo este emprazamento. O terceiro premio (200 euros) recaeu no alumnado de 6º de Primaria do CEIP Plurilíngue de Silleda, pola súa árbore de corchos situada na praza Siñor Afranio. Tamén na categoría colectiva, no apartado de comunidades se outorga un primeiro premio de 500 euros para a veciñanza do nº 9 da rúa Emilio Alonso Paz, único traballo presentado nesta subcategoría, con “Silleda Express Portal máxico 9”.

 Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información.
Preme na imaxe para obter máis información.

En individual, o primeiro premio en vivendas (400 euros) recaeu na decoración con vistosos elementos feitos a man do nº 14 de Bazar (Abades), realizada por Manuel Villanueva, e en segundo lugar (200 euros) a proposta presentada por Jeny Alvarellos, veciña de Campo, na parroquia de Vilar. O terceiro premio (100 euros) é para Josefina Bascuas, pola decoración da súa vivenda en Margaride. Naiara Peña acadou o premio na decoración de galerías e edificios, polo seu balcón de elfos sito na rúa Carballeira do Chousiño (200 euros).


Tamén se outorgan mencións especiais á sdecoracións realizada pola veciñanza da praza de Outeiro, a que fixo a parroquia de Dornelas, e a realizada por Loredana Naiucu na rúa Pepe do Cego da Bandeira.

Publicidade

Preme para contactar con nós e pregunta polas tarifas que son unha bicoca!
Preme para contactar con nós e pregunta polas tarifas que son unha bicoca!

No xurado participaron membros dos colectivos ECOS, a Escola de Fútbol de Silleda e Xirandola, aos que dende o Concello se lles agradece a súa colaboración. Dende o Concello de Silleda agradécese a participación e implicación de todos as persoas e grupos participantes neste certame, que xurdiu en 2020 con distintos obxectivos. Así, ademais de dinamizar a participación activa da veciñanza e promover a creación de ambiente de Nadal, co certame - convocado polas concellerías de Cultura e de Promoción Económica- tamén se pon en valor o uso de materiais de refugallo ou de segunda utilización, e se promove a interacción social. Ao mesmo tempo, tamén se dinamiza o comercio e a hostalería local, xa que todos os premios consisten en vales para consumir

en establecementos silledenses. Os premios serán entregados nos vindeiros días.



Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page