Corte de auga previsto para esta tarde en dúas zonas de Melide
- ecosdacomarca
- 20 oct 2022
- 1 Min. de lectura
Ecos da Comarca/Melide

O Concello de Melide informa dun corte de auga previsto para esta tarde en dúas zonas de Melide. En concreto, o corte será dende as15:00 ás 17:00 horas de hoxe, xoves 20.
A zona afectada, tal e como especifica a administración local, será o sector delimitado entre os números pares da estrada de Agolada e os impares do vial de Santiago.
"O corte débese aos traballos de reposición na rúa San Pedro. Desculpade as molestias ocasionadas", sinala o Concello.
Cabe mencionar que hai dous días estas mesmas zonas estiveron sen auga por unha rotura dunha tubaxe, tal e como informou o concello e publicamos na seguinte noticia:
Comments