Perruquería Marisa.png

ESPAZO DISPOÑIBLE PARA ANUNCIARSE

Pladur Touro.png

ESPAZO DISPOÑIBLE PARA ANUNCIARSE

Cornado Mina Non: "A realidade desminte as promesas de Cobre San Rafael para a mina de Touro"

"O permanente cambio nas cifras de emprego e investimento que a mercantil está a levar a cabo denota o carácter puramente especulativo dun proxecto rexeitado maioritariamente"


Ecos da Comarca/Touro

A Plataforma veciñal Cornado Mina Non denuncia que "a realidade desminte as promesas de emprego, investimento e restauración ambiental de Cobre San Rafael para a mina de Touro". Considera que "o permanente cambio nas cifras de emprego e investimento que a mercantil está a levar a cabo denota o carácter puramente especulativo dun proxecto rexeitado maioritariamente pola sociedade galega".


A plataforma sinala que seste senso, dende o pasado mes de marzo, a empresa e os seus representantes "falaron de maneira pública en prensa -e por orde cronolóxica- de 400, 1.600, 1.000 e 2.000. Agora, a patronal de industrias do metal (ASIME) anuncia que serán 1.700 postos de traballo. Exactamente o mesmo pasa cos números do investimento, que foi variando en cuestión de meses en cifras que van dende os 200 ou 300 millóns de euros ata chegar aos 2.540 actuais a partir dos datos dunha suposta consultora, unha entidade pantasma que a empresa anuncia pero non identifica".


Estas circunstancias, tal e como recalca, "demostran que o proxecto, por riba de todo, é claramente especulativo, non real, e que as promesas de Cobre San Rafael son calquera cousa menos fiables".

Doutra banda, apunta que "resulta sorprendente a utilización interesada que a mercantil e a patronal fan de conceptos como o de “máximo respecto aos estándares medioambientais” ou “filosofía de vertedura cero” cando as súas empresas matrices Atalaya Mining e Explotaciones Gallegas acumulan denuncias e expedientes sancionadores polas numerosas irregularidades ambientais e administrativas cometidas ao longo do tempo". Así mesmo, subliña que "é irresponsable falar do “compromiso” cunha industria mineira “sostible” como fai ASIME cando a Fiscalía actuou de maneira contundente nos últimos anos no proxecto “estrela” de Atalaya Mining, Riotinto, polos seus graves inumplimentos en materia de seguridade laboral e protección medioambiental recibindo asemade diversos expedientes sancionadores por parte da Junta de Andalucía".


Explica que nun caso equivalente, "Explotaciones Gallegas recibiu nos últimos anos ata catro multas por parte de Augas de Galicia por un valor superior aos 60.000 euros polas súas continuas verteduras de augas residuais dende as súas instalacións situadas na antiga mina de Touro".


"Minería de trileros"

"Estes feitos, que son de coñecimento público e notorio o que demostran é que a realidade desminte claramente as promesas de emprego, investimento e restauración ambiental que Cobre San Rafael e os seus socios, que pretenden coaccionar á sociedade condicionando a restauración ambiental dos terreos afectados obligatoria por Lei e previa a calquera tipo de proposta extractiva nunha sorte de “minería de trileiros” que olvida que ao igual que miles de persoas nas rúas dúas deputacións e 45 concellos galegos xa dixeron non ao proxecto", conclúe Cornado Mina Non.

44 vistas0 comentarios
IRS.jpg

ESPAZO DISPOÑIBLE PARA ANUNCIARSE