Coral, a primeira bebé nada en Galicia no ano 2026
- ecosdacomarca

- hace 3 minutos
- 1 Min. de lectura
Ecos da Comarca/Xeral

Coral Conde Cid é o nome da primeira bebé nada en Galicia no ano 2026. O nacemento tivo lugar no Complexo Hospitalario Universitario de Ourense ás 00:00 horas. A primeira galega do ano naceu cun peso de 2,900 kg, e é filla de Iria Andrea Cid e de Yago Conde.
Publicidade
A segunda en nacer en aninovo foi Valeria. Facíao no Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo ás 00,38 horas. É filla de Purificación e Julián, e chegou ao mundo cun peso de 3,880 kg.
Publicidade
O terceiro nacemento de Galicia do ano foi o de Lucan Mikiel Moreira ás 00,49 horas, fillo de Gilsa Pereira. A súa nai deu a luz no Hospital Público da Mariña e o bebé pesou 3,300 kg.








Comentarios