top of page

O BNG de Agolada reitera que se solucione o acceso ó auditorio para as persoas con mobilidade reducida

Ecos da Comarca/Agolada

O Bng de Agolada ven de presentar unha moción o vindeiro pleno que se celebre no Concello de Agolada, "o cal debería ser o derradeiro venres deste mes, onde volve insistir no dereito das persoas con mobilidade reducida o acceso o auditorio da vila, o cal segue presentando despois moitos anos tanto de goberno do Partido Popular como agora do PAYJ as mesmas deficiencias".

foto
O auditorio de Agolada. Autor: Ecos da Comarca.

Unhas obras que dende o BNG seguen sen explicarse como foron certificadas e aprobadas, tendo en conta que a súa inauguración foi posterior a Lei de accesibilidade do ano 2014. Recorda a súa concelleira Susana Tato que xa no Pleno do 28 de decembro do 2023 presentou unha moción para que se adaptasen os accesos as persoas no mobilidade reducida tanto para o acceso o escenario comopara as butacas, e que foi aprobada cos votos a favor do Partido Popular é a abstención do PAYJ.


“Tiveron tempo dabondo para acometer os arranxos que se solicitaban, que non supoñían unha gran inversión, xa que o que se pedía eran unhas plataformas elevadoras que desen acceso tanto a primeira fila das butacas e o escenario, non se trataba de unha inversión millonaria”, subliña Tato.


Publicidade

ANUNCIO
Preme na imaxe para obter máis información do evento.

Explica que no mes de decembro entrou en vigor a Lei 3/2024, de 5 de decembro, de cultura inclusiva e accesible de Galicia cuxo principal obxectivo é a de promover as condicións para que a participación na vida cultural sexa efectiva, inclusiva e accesible para todas as persoas e eliminar os obstáculos que o impidan ou dificulten, con especial atención a aquelas persoas nas que poida concorrer algún factores de risco de exclusión cultural. "O artigo 10 di que a Xunta establecerá os medios para eliminar progresivamente as barreiras física que poidan limitar o acceso á cultura en Galicia e no artigo 11 di que a Consellaría de Cultura elaborará un plan de accesibilidade no que se desglose a situación de partida e as melloras que se precisan realizar para facilitar o acceso á cultura".


PUBLICIDADE
Preme na imaxe se queres contactar connosco.

Solicita o BNG de Agolada a través dunha moción o Pleno que o Goberno Local pase un informe a Xunta de Galicia das deficiencias que presenta este auditorio, tanto de accesibilidade como para as persoas con problemas de audición. Recorda tamén a concelleira do Bng que solicitou "unha praza de aparcamento diante da porta do auditorio para persoas con mobilidade reducida, e tamén que arranxase o acceso a beirarrúa para as cadeiras de rodas, e nin iso fixeron". “Pero que non se fagan milloras para os veciños

xa non sorprende a ninguén porque realmente este mandato non están a facer nada de nada dende o Goberno Local, tendo o concello nun estado de abandono total que da pena mirar para él, só pensan no ximnasio”.


Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page