top of page

Convocan unha concentración en Palas o 22 de agosto para reclamar farmacias 24 horas os 365 días

Ecos da Comarca/Palas de Rei

A Praza do Concello de Palas de Rei acollerá o vindeiro 22 de agosto, ás 12:00 horas, unha concentración para reivindicar a mellora dos servizos farmacéuticos e reclamar que haxa farmacias abertas as 24 horas, os 365 días do ano.

Unha das pancartas que colocou a veciñanz na localidade.
Unha das pancartas que colocou a veciñanz na localidade.

 PUBLICIDADE

Preme na imaxe para obter máis información deste evento.
Preme na imaxe para obter máis información deste evento.

A convocatoria dá continuidade ás mobilizacións e reivindicacións realizadas ata o de agora para reclamar un servizo que consideran necesario para garantir a atención á veciñanza, especialmente fóra do horario habitual das farmacias.

 PUBLICIDADE

Preme na imaxe para obter máis información deste evento.
Preme na imaxe para obter máis información deste evento.

Ademais, os convocantes sinalan que o servizo do PAC incorporou algunhas aldeas de Friol, unha cuestión que tamén queren poñer sobre a mesa durante a concentración.

 PUBLICIDADE

Preme na imaxe para contactar connosco.
Preme na imaxe para contactar connosco.

Desde a organización animan á veciñanza a participar na mobilización do día 22 e a sumarse á reivindicación para reclamar unha atención sanitaria e farmacéutica axeitada ás necesidades da comarca.


NOTICIA RELACIONADA:

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page