top of page

A Deputación resalta os proxectos de empresarias no networking celebrado no Parque Central de Galicia

hace 19 horas
1 min de lectura

O acto celebrouse en Antas de Ulla, no Parque Central de Galicia, espazo que a Deputación cedeu para o desenvolvemento do mesmo


Laura Moure/Antas de Ulla

A deputada de Réxime Interior, Promoción do Territorio e Turismo, Pilar García Porto, participou este sábado nas aulas do Parque Central Centro Xeográfico de Galicia, na xornada “Networking na Ulloa”, organizada pola Asociación de Empresarias da provincia de Lugo, en colaboración coa Deputación, que cedeu o espazo.

Este encontro de traballo foi todo un éxito ao congregar a unha vintena de mulleres empresarias de Lugo, pertencentes a distintos sectores, nunha xornada que serviu para dar a coñecer os seus modelos de negocio, fomentar sinerxías e compartir experiencias de cara a avanzar nos seus proxectos empresariais. 


A deputada provincial e alcaldesa de Antas de Ulla destacou “o éxito desta iniciativa e puxo a AELU como exemplo de referencia do talento feminino que hai na nosa provincia”. Neste senso, as participantes procedían maioritariamente da comarca da Ulloa así como da cidade de Lugo ou Vilalba.

 PUBLICIDADE

Preme na imaxe para obter máis información do evento.
Preme na imaxe para obter máis información do evento.

A deputada estivo acompañada pola presidenta de AELU, Juana Eiroa Díaz; a vicepresidenta, Luz Divina Castelo Rey e diversas vogais da asociación, que tamén expuxeron as súas experiencias empresariais, xunto ao resto de participantes.

 PUBLICIDADE

Preme na imaxe para contactar connosco.
Preme na imaxe para contactar connosco.

Tras a presentación das propostas e proxectos empresariais abriuse un espazo de debate e posta en común de ideas. A xornada finalizou cunha mostra e unha cata de produtos locais aportados por diversas socias de AELU.

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

​

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page