top of page

Convocan as axudas para as áreas de rehabilitación dos Camiños de Santiago e da Ribeira Sacra

Os propietarios e comunidades de veciños interesados poden presentar as súas solicitudes desde o 31 de agosto ata o próximo 30 de setembro


Ecos da Comarca/Xeral

A Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, a través do Instituto Galego de Vivenda e Solo (IGVS), publicou onte a nova convocatoria de axudas destinadas á rehabilitación de vivendas e edificios residenciais nas Áreas de rehabilitación integral (ARI) dos Camiños de Santiago e da Ribeira Sacra para 2026, ás que se destinará un investimento de máis de 2,8M€. 

En concreto, para a ARI dos Camiños de Santiago a dotación orzamentaria será de 2.030.000 euros, e no caso da Ribeira Sacra, ascenderá a 800.000 euros.


O Diario Oficial de Galicia publicou onte a convocatoria destes incentivos e as solicitudes poderán presentarse dende o vindeiro 31 de agosto ata o próximo 30 de setembro. No seguinte enlace ao DOG pode ampliarse a información: https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2026/20260821/AnuncioC3Q2-050826-0004_gl.html

 PUBLICIDADE

Preme na imaxe para obter máis información deste evento.
Preme na imaxe para obter máis información deste evento.

No ámbito das dúas ARI poderán solicitar as axudas as comunidades de persoas propietarias e as agrupacións de comunidades, as agrupacións de persoas propietarias e os propietarios ou usufrutuarios de edificios ou vivendas, que estean en posesión da calificación definitiva das obras realizadas.


A contía das axudas non poderá superar o 50% do importe subvencionable da actuación. Este límite incrementase ata o 75% se os ingresos da unidade de convivencia promotora da actuación e residente na vivenda son inferiores a 3 veces o IPREM ou cando se acometan actuacións para a mellora da accesibilidade e se acredite que na unidade de convivencia existen persoas con discapacidade ou maiores de 65 anos. O importe máximo destas subvencións poderá acadar os 12.000€ por vivenda rehabilitada e 30.000€ no caso de construción en substitución doutra previamente demolida.

 PUBLICIDADE

Preme na imaxe para obter máis información do evento.
Preme na imaxe para obter máis información do evento.

Cómpre lembrar que o Goberno galego tamén vén de ampliar este mes en 2M€ o crédito da liña de axudas á adquisición de vivendas en centros históricos e de vivenda protexida, co obxectivo de seguir atendendo a demanda da cidadanía. O prazo de solicitude está aberto ata o día 15 de outubro.

 PUBLICIDADE

Preme na imaxe se queres contactar connosco.
Preme na imaxe se queres contactar connosco.

Ademais a Xunta lanzou esta semana a convocatoria das axudas para menores de 36 anos para a adquisición ou autopromoción de vivenda en concellos con poboación igual ou inferior a 10.000 habitantes. O prazo de solicitudes abrirase o día 27 de agosto e permanecerá aberto ata o vindeiro día 16 de novembro.

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page