Convocan a concentración Altri Non! para o xoves 8 de maio, no Congreso dos Deputados en Madrid
Ecos da Comarca/Xeral
A Plataforma Ulloa Viva, Ecologistas en Acción e Greenpeace convocan a Concentración Altri Non! para o xoves 8 de maio, no Congreso dos Deputados en Madrid.
Publicidade

"No corazón de Galicia pretenden construír unha macro fábrica de celulosa que verterá case 30 millóns de litros ao día de auga contaminada ao río Ulla. A multinacional Altri esixe ao goberno español unha subvención de 250 millóns de euros para poñer en marcha o seu proxecto", lembran estes colectivos.
Publicidade
"Non podemos permitir que este atentado ambiental reciba diñeiro público. O xoves 8 de maio ás 19 horas estaremos ante o Congreso dos Deputados para esixir ao goberno español que rexeite a macrocelulosa e respecte a vontade do pobo galego".









Comentarios