Controlado un lume forestal con dous focos que afectou á localidade de Melide
- ecosdacomarca

- hace 16 minutos
- 1 min de lectura
Ecos da Comarca/Melide

Un incendio forestal rexistrouse esta venres na localidade de Melide, no Camiño Cabadas onde se localizaron dous focos. Aínda que nun primeiro momento parecía que había 3, fontes oficiais alí presentes, confirmáronos que en realidade eran 2.
PUBLICIDADE
Comezou preto das 14 horas e as 15:30 horas xa estaba extinguido aínda que os bombeiros forestais continuaban no lugar arrefriando a zona para evitar que poidan producirse reactivacións.
PUBLICIDADE
Os efectivos traballaron arreo debido á proximidade do lume a varias vivendas.
Ademais dos Bombeiros forestais tamén se desprazon a Garda Civil e a Policía Local de Melide.
PUBLICIDADE
A Consellería do Medio Rural lembra que está a disposición da cidadanía o número de
teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal.
PUBLICIDADE
Asemade, tamén está dispoñible para a súa descarga ALume, a app para avisar sobre
incendios forestais activos en Galicia. Ademais, existe un teléfono anónimo e gratuíto para
denunciar calquera actividade delituosa incendiaria da que se teña sospeita ou
coñecemento: 900 815 085.










Comentarios