top of page

Controlado o lume forestal de Barazón, no municipio de Santiso

15 ago
1 min de lectura

Ecos da Comarca/Santiso

O lume forestal que afecta á parroquia de Barazón no concello de Santiso xa está controlado.

O incendio forestal esta madrugada en Barazón (Santiso). Autor: Ecos da Comarca.
O incendio forestal esta madrugada en Barazón (Santiso). Autor: Ecos da Comarca.

 PUBLICIDADE

Preme na imaxe para obter máis información deste evento.
Preme na imaxe para obter máis información deste evento.

Segundo a información proporcionada pola Consellería de Medio Rural, o lume iniciose onte, venres, ás 23:40 horas. Quedou estabilizado ás 6:57 horas e controlado ás 17:41 horas deste sábado.

 PUBLICIDADE

Preme na imaxe para obter máis información deste evento.
Preme na imaxe para obter máis información deste evento.

A superficie afectada provisional ronda as 11 hectáreas. Nas tarefas de extinción participan, ata o momento, 4 axentes, 9 brigadas, 10 motobombas e 1 pá.

 PUBLICIDADE

Preme na imaxe para obter máis información do evento.
Preme na imaxe para obter máis información do evento.

A Consellería do Medio Rural lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal. Asemade, tamén está dispoñible para a súa descarga ALume, a app para avisar sobre incendios forestais activos en Galicia. Ademais, existe un teléfono anónimo e gratuíto para denunciar calquera actividade delituosa incendiaria da que se teña sospeita ou coñecemento: 900 815 085. Así mesmo, toda a información actualizada sobre incendios forestais que acadan as 20 hectáreas poderá ser consultada na conta aberta de X: @incendios085

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

​

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page