top of page

Controlado o incendio forestal da parroquia silledense de Oleiros

hace 1 día
1 min de lectura

Ecos da Comarca/Silleda

A Consellería do Medio Rural informa que o incendio forestal rexistrado no concello de Silleda, parroquia de Oleiros, está controlado desde as 16:52 horas de hoxe, sábado 19.

Incendio en Oleiros onte, venres. Autor: Ecos da Comarca.
Incendio en Oleiros onte, venres. Autor: Ecos da Comarca.

O lume iniciouse ás 22:49 horas do pasado xoves e segundo as últimas estimacións

provisionais afecta unha superficie de 60 hectáreas. Para a súa extinción mobilizáronse,

polo de agora, 18 axentes, 24 brigadas, 22 motobombas, 3 pas, 2 técnicos, 3 avións e 3

helicópteros.

 PUBLICIDADE

Preme na imaxe para obter máis información do evento.
Preme na imaxe para obter máis información do evento.

A Consellería do Medio Rural lembra que está a disposición da cidadanía o número de

teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal.

Asemade, tamén está dispoñible para a súa descarga ALume, a app para avisar sobre

incendios forestais activos en Galicia.

 PUBLICIDADE

Preme na imaxe para obter máis información do evento.
Preme na imaxe para obter máis información do evento.

Ademais, existe un teléfono anónimo e gratuíto para denunciar calquera actividade delituosa incendiaria da que se teña sospeita ou coñecemento: 900 815 085. Así mesmo, toda a información actualizada sobre incendios forestais que acadan as 20 hectáreas poderá ser consultada na conta aberta de X: @incendios085.

 PUBLICIDADE

Preme na imaxe para contactar connosco.
Preme na imaxe para contactar connosco.

NOTICIAS RELACIONADAS:

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page