Controlado o incendio forestal da parroquia lalinense de Maceira
- ecosdacomarca

- 17 jul 2025
- 1 Min. de lectura
Xa afectou arredor de 80 hectáreas
Ecos da Comarca/Lalín
A Consellería do Medio Rural informou hoxe, xoves, ás 10 horas de que o incendio forestal do concello de Lalín, parroquia de Maceira, quedou controlado ás 9:13 horas de hoxe.

Publicidade
O lume iniciouse ás 13:07 horas de onte, mércores, e segundo as últimas estimacións
provisionais afecta unha superficie de arredor de 80 hectáreas. Para a súa extinción
mobilizáronse, polo de agora, 3 técnicos, 12 axentes, 20 brigadas, 17 motobombas, 3 pas,
3 unidades técnicas de apoio, 7 helicópteros e 6 avións.
Publicidade
A Consellería do Medio Rural lembra que está a disposición da cidadanía o número de
teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal.
Ademais, existe un teléfono anónimo e gratuíto para denunciar calquera actividade
delituosa incendiaria da que se teña sospeita ou coñecemento: 900 815 085. Así mesmo,
toda a información actualizada sobre incendios forestais que acadan as 20 hectáreas
poderá ser consultada na conta aberta de X (antigo twitter): @incendios085.
NOTICIA RELACIONADA:
O lume da parroquia lalinense de Maceira afecta a unha superficie de 70 hectáreas: https://www.ecosdacomarca.com/post/o-lume-da-parroquia-lalinense-de-maceira-afecta-a-unha-superficie-de-70-hect%C3%A1reas








Comentarios