top of page

Continúa en Silleda o proceso de oposición por quenda libre para unha praza de traballador/a social

Ecos da Comarca/Silleda

O Concello de Silleda continúa co proceso para a cubrir mediante oposición por quenda libre unha praza de funcionario/a como traballador/a social (subgrupo A2), logo de que o pasado 29 de xullo rematara o prazo de presentación de solicitudes.

Así, está xa publicada no taboleiro de anuncios da Sede Electrónica (que tamén se pode consultar na web municipal) a listaxe definitiva de persoas admitidas/excluidas do proceso, así como a data do primeiro exercicio que terá lugar o vindeiro 7 de outubro ás 11:00 horas no salón de actos do Viveiro de Empresas, situado no parque empresarial Área 33.

Publicidade

Preme na imaxe se queres contactar connosco.
Preme na imaxe se queres contactar connosco.

Este proceso enmárcase na Oferta Pública de Emprego (OPE) correspondente á anualidade de 2024. A convocatoria abriuse o pasado mes de xullo ca publicación das bases no Boletín Oficial da Provincia (BOP) de Pontevedra e posteriormente da convocatoria no Boletín Oficial do Estado (BOE).



Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page