top of page

Contigo Silleda urxe comezar os traballos de mantemento en viais municipais


Viais inundados en Silleda.


O presidente de Contigo Silleda, Julio Ramos, recrimina que as inundacións de rúas e viais no municipio de Silleda por mor da copiosa choiva caída recentemente, "prodúcese pola falta de rozas e apertura de cunetas principalmente. Carecen dun sistema adecuado de drenaxe, canalización e evacuación das augas. Firmes deteriorados, fochas e profundidades no pavimento facilitan a formación de charcas de auga".


Asegura que "varios viais nos núcleos rurais están intransitables pola acumulación de auga e o barrizal formado pola acumulación de terra nas cunetas e beiravías. O sistema de canalización da rede de pluviais nos núcleos urbanos non funciona debidamente, os sumidoiros e colectores están atrancados". Ramos considera "difícil de entender que a administración supere en 200.000 euros o investimento en renovar o parque de maquinaria, para tela parada case todo o ano, subcontratan parte dos traballos e segue todo nun estado de abandono xeneralizado".


Contigo Silleda insta ao goberno local "a reorganizar e reactivar os equipos de obras e servizos para poder adecentar os termos municipais". Ademais, Ramos, pregunta “onde se realizan os traballos e onde se invisten as horas da mancomunidade. Só certas zonas perciben os investimentos municipais. Xéranos moitas dúbidas os investimentos realizados".

0 comentarios
IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2024 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page