top of page
Foto del escritorecosdacomarca

Contigo Silleda tilda de "xogo de tronos" ao goberno local de Silleda

Acúsao de converter un camiño público nun vertedorio ilegal


Ecos da Comarca/Silleda

O presidente de Contigo Silleda, Julio Ramos, denuncia que o Executivo Local de Silleda, "non atende as demandas dos veciños e está convertendo un camiño público no lugar de nun vertedoiro ilegal para evitar desbrozarlo, limpialo e acondicionalo".


Indica que "dende hai anos están utilizando un camiño público para depositar residuos, plásticos, elementos metálicos, incluso troncos de árbore caídas, terras e pedras de terreos privados colindantes están invadindo parte do trazado do camiño, independientemente das árbores que medraron no camiño, que cerran o paso

completamente". Así mesmo, asegura que a rede de canalización de pluviais das baixantes das vivendas e as escorrentías de camiños do lugar que evacuan ao camiño está completamente obstruído. "Algunhas zonas do trazado están completamente embarrizadas imposibilitando poder acceder a algunha das fincas que teñen acceso polo camiño. A zona afectada está moi próxima a vivendas, escasos oito metros, o que facilita que en moitas

ocasións as ratas e réptiles que saen do camiño accedan ás zonas comúns de propiedades privadas e incluso, ao interior dos inmobles". Sinala que se solicitou dende o 2015 o acondicionamento do camiño.


O estado do camiño que denuncia Contigo Silleda.


"O Concello garda silencio e excúsase nos funcionarios para evadir responsabilidades. Os

funcionarios din que non saben o teléfono do responsable de vías e obras". Ramos insta ao goberno local de Silleda que nun prazo de días poña solución a esta situación, "para evitar danos e perxuízos polo ruinoso estado do camino, perigo de incendios e mal estar por todo o lixo existente".

0 comentarios

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page