Acúsaos de "utilizar as institucións para enfrontamentos e tentar finiquitar contas pendentes entre ambas as formacións en lexislaturas pasadas"
Ecos da Comarca/Silleda
Contigo Silleda tacha de “vergonzoso” o comportamento do PSOE e do BNG de Silleda, e acúsaos de "utilizar as institucións para enfrontamentos e tentar finiquitar contas pendentes entre ambas as formacións en lexislaturas pasadas".

"Non é de sentido común que tanto o alcalde Manuel Cuiña, como os concelleiros do BNG,
Erea Rey e Xerardo Díaz estean a utilizar as institucións municipais, coma se fose “o escenario dunha película de Gánster”” para “axustar contas” por desavinzas que membros das dúas formacións viñan arrastrando de mandatos anteriores", sinala e engade que "é vergonzoso que teña que mediar a cúpula de cada formación política para poder chegar a un acordo e formar un equipo de gobernabilidade onde o prato estrela da súa xestión á fronte do Consistorio continuará sendo “reproches e vinganzas”".
Contigo Silleda considera que “pasaremos catro anos vendo, como PSOE e BNG se tiran dos pelos”. "Quérennos facer crer que o problema está no número de dedicacións e o custo económico anual, pero con todo aínda non dixeron, o contido das negociacións privadas que estaban a levar a cabo”.
O presidente de Contigo Silleda, Julio Ramos, apunta que convocar eleccións novamente "sería o máis sensato para Silleda. Non existe unha compatibilidade coherente entre as tres formacións, para formar un goberno estable". Contigo Silleda pide responsabilidades ao BNG e dimisións. "O municipio non pode estar sometido a vitimismos e discrepancias persoais".
Commentaires