top of page
Foto del escritorecosdacomarca

Contigo Silleda solicita datos “veraces” sobre o aforro de luz que anunciou o Concello

O presidente desta formación, Julio Ramos, denuncia que “os datos que nos ofrecen, distan moito da realidade”


Ecos da Comarca/Silleda

Contigo Silleda solicita datos “veraces” sobre o aforro de luz que anuncia o Concello. O presidente de Contigo Silleda, Julio Ramos, denuncia que “os datos que nos ofrecen, distan moito da realidade”.


Ramos deduce "que os logros enerxéticos que nos queren vender, non se deben na súa totalidade á nova iluminación coa renovación de máis de 200 puntos de luz en vías públicas. O Goberno debe ser claro e explicar aos veciños que o “logro enerxético” débese en gran parte que cada día hai máis puntos de luz pública que deixan de funcionar e non se reparan. Xa ben sexan en vías, parques ou zonas públicas (está claro, cantas menos alumen, e máis lles conveña eliminar, máis aforro)".

Asegura que "Aínda segue habendo vivendas (a estas alturas de goberno) que non dispoñen de puntos de luz pública. Mentres outras vivendas dispoñen de dous puntos, para un só servizo. Con todo, a consta destas carencias, o Consistorio “saca peito” para iluminar a súa “escura xestión municipal”. Saben perfectamente que máis do 20% dos puntos de luz pública instalados nos termos municipais non funcionan".


Ademais, insiste en que "sen dúbida, os núcleos rurais son os que máis perciben eses recortes promovidos polo actual goberno, para poder alardear así dos bos datos surrealistas. Semella máis, unha función teatral, que un Goberno Municipal. Política faise na rúa, non nos despachos", apostila Ramos.


Contigo Silleda “anima a calquera compoñente do Goberno Local, a visitar calquera parroquia, para comprobar de onde provén tal aforro, e así poder ofrecer datos fiables á veciñanza".

0 comentarios

Entradas recientes

Ver todo

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page