top of page

Contigo Silleda insta ao goberno local a reparar os viais na parroquia de Chapa

Foto del escritor: ecosdacomarcaecosdacomarca

O presidente de Contigo Silleda, Julio Ramos, recibiu queixas de veciños de Chapa polo estado “desmantelado” que presentan as pistas que comunican os lugares na parroquia. "Comprobamos que os viais están completamente esnaquizados, paquete de firme deteriorado, fochancas, falta de rozas, limpeza de cunetas, tajeas atrancadas ou algún vial, mesmo árbores caídas que invaden os noiros da ocupación do trazado", apunta.


Fochancas en Chapa.

Ramos indica que o trazado que enlaza varios viais na zona forma parte do Camiño de Santiago e que existen zonas que mesmo "os peregrinos séntense incómodos" polo mal estado. "Nalgunhas zonas mesmo se forma barrizal, pola circulación de maquinaria agrícola e acumulación de auga das escorrentías que invaden o pavimento de firme, formando fochancas e charcas de auga de grandes dimensións, facilitando o estropicio do pavimento".


Contigo Silleda propón ao Executivo Local comezar os traballos de rozas, aperturas de cunetas, limpeza e desatascado de tajeas, bacheo con MBF (mestura bituminosa en frío) e reposición de firme nas zonas que proceda, ata a posterior renovación do pavimento, así como habilitar unha zona de localización para os colectores e a renovación dos elementos (rotos ou sen tapadeira).

0 comentarios

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page