top of page
Foto del escritorecosdacomarca

Contigo Silleda insta ao goberno local "a levar control dos servizos, para poder reducir os gastos"

Recrimina que as luminarias do Parque das Pedrosas sigan encendendo ás seis da tarde

As luminarias acesas no Parque das Pedrosas, de Silleda.


Laura Moure/Silleda

O presidente de Contigo Silleda, Julio Ramos, denuncia "o despilfarro de gasto de consumo eléctrico innecesario no núcleo urbano de Silleda". Asegura que desde hai aproximadamente un mes, comprobaron que as luminarias da Carballeira das Pedrosas seguen programadas para enceder ás seis da tarde. "Estase consumindo unha hora diaria de enerxía, cando a luz solar aumentou unha hora diaria, podéndose programar o aceso para as 19:00 horas, aforrando unha hora diaria de consumo enerxético", apunta.


Contigo Silleda insta ao goberno local a levar un control dos servizos, para poder reducir os gastos municipais.


Outras peticións

Por outra banda, demanda a reparación do vial de acceso ao lugar de Penadagra, na parroquia de Siador. Propón ao equipo de goberno silledense "máis solucións e menos poñer obstáculos para actuacións no rural". E por outro lado, recrimina o "estado de deterioro" no que se atopa a pasarela ao núcleo urbano de Silleda. "Está nun estado de abandono a pasarela que enlaza a recente humanización da Rúa Chousa Nova, co ceminterio e A Carballeira das Pedrosas. Como de costume o executivo espera a que se caía, para tomar medias". Pide o acondicionamento da pasarela e adaptar os accesos para acceder a mesma.

0 comentarios

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page