top of page

Contigo Silleda denuncia que "Silleda Sostible segue incumprindo o contrato do lixo"

Ecos da Comarca/Silleda

Contigo Silleda denuncia que "Silleda Sostible segue incumprindo o contrato do lixo". O representante da Formación municipalista Julio Ramos, desmente rotundamente que "a UTE GESECO-Construcións Taboada e Ramos S.L estea levando a cabo o lavado dos contedores no rural, como anunciou a alcaldesa o día do 3 de abril deste ano, para cumprir coas obrigacións do contrato".

"Só realizaron as tarefas de limpeza de contedores un par de días e en zonas puntuais, desde entón nin se viron polas parroquias, o 95% dos contedores das zonas rurais seguen sen lavar. Hai zonas onde nin o lixo se recolle periodicamente, que van cando lles cadra", acusa Contigo Silleda.

Publicidade

Ademais, insiste en que "hai zonas onde o cheiro é insoportable e a limpeza destaca pola súa ausencia". Asegura que "durante 30 días realizouse un seguimento polas 33 parroquias e nunca viron os servizos de limpeza de contedores realizando os traballos correspondentes (nin limpeza, nin cambio de contedores) e ademais cre que a alcaldesa Paula Fernández co apoio do BNG pretenden favorecer á UTE, prexudicando aos veciños".


Publicidade

Contigo Silleda insta o Executivo a que se renoven os traballos ou se lle abra expediente á UTE "por incumprir o contrato e dean explicacións dos 90.000 euros regalados".


0 comentarios
IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page