Contigo Silleda denuncia que"Obras do Concello non dá abasto en repoñer lousas rotas na Chousa Nova"
- ecosdacomarca

- 18 ene 2023
- 1 Min. de lectura
Ecos da Comarca/Silleda
Contigo Silleda denuncia "por enésima vez que o servizo de obras do Concello non dan abasto en repoñer as lousas rotas nas beirarrúas de Chousa Nova. As reparacións que se están realizando na rúa, son sen dúbida unha perda de tempo e de diñeiro para as arcas municipais, sabendo que se investiron máis de 440.000 euros hai tres anos en executar os mesmos traballos”.

Tempo e diñeiro, recalca, "que se podía destinar a outros servizos completamente abandonados polo goberno local no municipio, por falta de, iniciativa, organización, persoal e medios para realizalos". "Non hai máis que ver o estado nas que se atopan as obras para saber que isto vai seguir sendo un goteo continuo de diñeiro, para reparar todos os estropicios que vaian xurdindo día tras día. As irresponsabilidades de quen goberna, non as podemos pagar todo o pobo, independentemente do perigo que supón para calquera persoa que pase pola zona", considera esta formación.
Deste xeito Contigo Silleda, insta ao executivo "a tomar unha determinación e evitar que se estea tirando co diñeiro de todos os silledenses cada dous por tres en parvadas que nos custan diñeiro aos veciños e non achegan nada ao municipio".







Comentarios