Ecos da Comarca/Silleda
Contigo Silleda denuncia que o servizo de recollida de voluminosos do fogar “non existe” e estase pagando. O seu presidente, Julio Ramos, faise eco "das queixas e o malestar de veciños do municipio, que ven como os seus impostos son desprezados e pisados, tanto polo Goberno Local, como oposición e a empresa que non fai debidamente os traballos que se lle contrataron e estámoslles pagando".
A Formación municipalista de Silleda, sinala, que "puido comprobar en varias ocasións e en varios puntos do municipio como colchóns e outros enseres do fogar levan días tirados nas cunetas e sen recoller. O alcalde D. Manuel Cuiña, colleu o costume de contratar e pagar servizos a empresas, que logo non fan, unha corporación municipal que teñen como aliados ao PP e BNG, facendo de escudeiros dunha xestión municipal totalmente descabezada".
Publicidade
Están, a punta,"a demostrarnos, como as tres formacións políticas (PSOE, PP, e BNG) que capitanean as políticas nos Plenos municipais, están a actuar “única e exclusivamente” en consonancia cos seus intereses políticos e partidistas".
Publicidade
Ramos reclama ao PP e BNG que deixen de actuar de "“calzonazos” do Sr Manuel Cuiña e que non só vale dicir que defenden os intereses dos veciños de, “que defendan as súas teorías publicitarias primeiro”".
Publicidade
Contigo Silleda insta o Goberno Local de Cuiña, que prescinda o contrato de concesión de residuos e voluminoso da UTE GESECO – CONSTRUCIÓNS TABOADA E RAMOS S. L. "Non se pode pagar, por uns servizos que non están a facer. Nos próximos días imos solicitar o acceso documental a varios expedientes contractuais no municipio. Non nos fiamos, nin do Sr. Cuiña, nin do PP, nin BNG".
Kommentare