Contigo Silleda denuncia que "o Concello usou maquinaria e persoal municipal para limpar a terra depositada por un particular nun camiño público de Correspedriños"
- ecosdacomarca
- 9 feb 2024
- 1 Min. de lectura
Ecos da Comarca/Xeral
Contigo Silleda, denuncia que "o Concello utilizou maquinaria e persoal municipal para limpar a terra depositada nun camiño público de Correspedriños que depositou un particular".

O responsable da formación municipalista, Julio Ramos, asegura que puido comprobar "o despregamento que o Goberno Local levou a cabo para limpar a terra que un particular depositou e estendeu en todo o trazado do camiño que dá acceso ao núcleo rural do Lugar".
Publicidade
"Un camión, unha retroexcavadora, un rodete e dous operarios do Consistorio e dous días de traballo, máis de 2.000 euros son os gastos ocasionados innecesariamente ás arcas municipais. A alcaldesa visitou o lugar dos feitos con máis dúbidas que solucións, non aclarou cales son as obras que se van a realizar no lugar, quedando así a dúbida de se as obras van mellorar ou van quedar peor do que estaba. O arranxo do primeiro tramo prexudicará ás vivendas do segundo", considera Contigo Silleda.
Publicidade
Ramos insta á alcaldesa a acondicionar o segundo tramo do camiño incluíndoo na partida orzamentaria de urxencia que van destinar na zona. "O segundo tramo está tan estragado como o primeiro", apunta e advirte "de que se non se realiza o segundo tramo, o primeiro paralizarase, onde e como sexa necesario".
Comments