top of page

Contigo Silleda denuncia que o centro médico "estivo sen persoal sanitario este domingo pola mañá"

13 nov 2023
1 min de lectura

Ecos da Comarca/Silleda

Contigo Silleda denuncia que a Xunta queira lapidar a Sanidade pública, recortando persoal sanitario nos centros. Argumenta que o centro médico de Silleda estivo dúas horas e media sen persoal sanitario para atender o servizo de urxencias este domingo pola mañá.


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información!

"Este domingo 13 de novembro entre as 10:30 horas e as 13 horas eran moitos os pacientes que acudían de urxencia ao centro médico de Silleda, para facer uso dos servizos sanitarios deste centro. Ao chegar ao centro atopábanse como xa vén sendo habitual que non había persoal sanitario. Mais de dúas horas tiveron que esperar a maioría de pacientes para que se renovarán os servizos no centro, os médicos saíran a unha urxencia a un lugar do concello de Cruces e posteriormente, tiveron que desprazarse ao hospital clínico de Santiago".


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información!

Tempo, sinala, "máis que suficiente para que unha urxencia inesperada, puidese terminar en traxedia pola falta de persoal médico nese tramo horario!" O presidente de Contigo Silleda, Julio Ramos, lamenta "que tanto goberno local de Silleda, como oposición, estean máis pendentes do novo consistorio que das carencias que desde hai anos presenta a sanidade no municipio".

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

​

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page