top of page
Foto del escritorecosdacomarca

Contigo Silleda denuncia que "están convertendo o punto limpio de Silleda nun basureiro incontrolado ou un crematorio de residuos municipal"

Ecos da Comarca/Silleda

Contigo Silleda denuncia que "están a converter o punto limpo de Silleda nun vertedoiro incontrolado ou un crematorio de residuos municipal. No canto de reciclar, queiman” apostila o presidente, Julio Ramos.


Publicidade

Sinala que este sábado pola mañá "estaban a realizar queimas dentro das instalacións do punto limpo que xestiona a empresa GESECO- Construcións Taboada e Ramos S.L Desde a formación municipalista de Silleda, tamén denunciamos que existe unha zona do peche perimetral, que esta completamente roto, e con sinais de que por esa zona acceden ao interior, o que pode crear dúbidas de que se estean levando cousas do punto limpo".


Publicidade

A xestión. considera, de reciclaxe dos materiais ou enseres depositados nas instalacións, "non se está realizando adecuadamente, hai unhas normativas que deben cumprirse. Hai materiais que están tirados polo chan e podéndose, cando deberían estar depositados no contedor que corresponda. En varias ocasións estiveron a recollerse os enseres depositados no punto limpo, con medios e persoal do Concello, cando lle corresponde á empresa realizalo".


"O desgoberno local de Manuel Cuiña, eran conscientes das irregularidades que se estaban levando a cabo no punto limpo, pero con todo estaban máis preocupados polo posto que ocupará Cuiña nas listas provinciais do PSOE, que en supervisar os servizos que se están levando a cabo no municipio e que estamos a pagar".


Publicidade

Contigo Silleda, advirte, "de continuar “facendo a vista gorda” a posibles irregularidades e ilegalidades, denunciaremos, tanto á empresa titular do contrato de lixos, como ao Concello, ante os organismos que competa se así procede, unha vez que o Concello nos facilite documentación e se revise".



0 comentarios

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page