Ecos da Comarca/Silleda
Contigo Silleda denuncia "o estado calamitoso que presentan varios viais na parroquia de Xestoso". “No 2019 o goberno socialista de Silleda, comprometeuse a realizar melloras na parroquia, pero todo foi unha farsa para seguir á fronte do Consistorio,” apostila o responsable da formación, Julio Ramos.
Este acudiu ao lugar para poder corroborar "a desidia que viven os veciños e usuarios polo mal estado do vial". "Nun tramo de 50 metros do vial que atravesa o lugar de Xestoso, puidéronse contabilizar máis de 100 fochancas de considerables dimensións e profundidades. Fai menos dun ano que bacheo a zona, un mes duraron os traballos realizados. Nin a concellería de Obras e Servizos, nin a Policía Local preocupouse de sinalizar o tramo afectado, polo perigo que presentan as fochancas que cobren por completo a plataforma de firme. Non se sabe se están ao servizo do pobo ou da alcaldesa", recalca Ramos.
Ademais, sinala que "están a gastarse máis de 40.000 euros en materiais por campaña, sen superar os 30 días a durabilidade dos traballos". A formación que lidera Julio Ramos encargarase de supervisar os traballos que leven a cabo esta campaña. “Tiran o diñeiro, un ano si e outro tamén”.
Publicidade
Ramos recomenda á alcaldesa Paula Fernández que "desista de ir vendendo fume polas parroquias. Sabe perfectamente que é papel mollado, nin ten o persoal suficiente, nin cualificado para ofrecer uns servizos adecuados e de calidade aos veciños do municipio. Non se trata de facer o traballo, se non de saber facer o traballo”
留言