top of page

Contigo Silleda demanda o pintado de marcas viais de cor amarela na obra de mellora da EP 7201

Ecos da Comarca/Silleda

Contigo Silleda urxe ao goberno local de Silleda o pintado provisional de marcas viarias de cor amarela nas zonas e vías afectadas polas obras de mellora de seguridade viaria na EP 7201.O presidente, Julio Ramos, lamenta que membros do executivo municipal, só se limitaron "a sacarse unha foto tres días despois de comezar os traballos para inaugurar a construción da rotonda na contorna do cemiterio municipal e A Carballeira das Pedrosas, sen preocuparse en absoluto do perigo que supón a pésima e incompleta sinalización da zona".

Asegura que o acceso pola EP 7201 á zona desde a rotonda da N 525 estásen sinalizar. "Ao tratarse de viais que superan a capacidade de tráfico rodado de cincocentos vehículos, e o perigo que supón ao ser unha zona de intersección de catro viarios, a normativa esixe uns niveis de sinalización considerables, que non se están cumprindo, para evitar o menor prexuízo, tanto a circulación vehicular, como peonil. As demolicións do pavimento de aglomerado que realizaron estes días, amontoáronos en zonas de paso, os restos do pavimento da pasarela tiráronos nos arredores. Teñen que retirar a pasarela metálica e nin se preocupan pola seguridade da zona", cuestiona Ramos.


Contigo Silleda denuncia que se comezaron os traballos “sen previsión algunha como é de costume, non teñen vertedoiro para o transporte e provisión de material sobrante, polo que teñen que amontoalos nas zonas comúns das obras".


Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page