top of page
Foto del escritorecosdacomarca

Contigo Silleda “censura” o sistema de bacheos no concello de Silleda

Ecos da Comarca/Silleda

O presidente de Contigo Silleda, Julio Ramos, califica de “horroroso” os traballos de bacheo que o equipo de Obras e Servizos do Concello de Silleda están a levar a cabo estes días en distintos viais municipais. Ramos cre que o goberno local de Silleda está a realizar traballos de mantemento por non estar sentados. “Fan que fan e non fan nada”.


"É difícil de “entender” que se estean tapando fochancas nas pistas municipais con pegotes de aglomerado en frío enriba da terra, sen ningún sentido, sen os medios apropiados, sen sanear debidamente a zona e utilizar “imprimación” con compoñentes específicos, para facilitar a “unión” de ambos os materiais e sen selaxe superficial de area, para garantir o rendemento do material", critica e asegura que se gastaron máis de 200.000 euros nun equipo de bacheo, "para continuar facendo chapuzas monumentais e tirando co diñeiro de todos os silledenses. Pasan os vehículos por encima do bacheo e o material sae pegado nas rodas. Facelo peor é imposible, aínda querendo", recalca Ramos.


Contigo Silleda demanda máis “responsabilidade e seriedade”. "Agora entendemos, que no 2020 gastásense máis de 50.000 euros en aglomerado en frío para bacheo, e as mesmas pistas estean todas cheas de fochancas, algo non cuadra. Se o Concello non ten persoal “preparado” para realizar estes traballos, deberá formalos, pero non imos permitir que cada ano se malgasten máis de 50.000 euros en traballos que non achegan utilidade algunha á veciñanza. Solicitaremos información sobre o departamento correspondente”, avanza.

Un dos traballos que denuncia Contigo Silleda.

0 comentarios

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page