Contigo Silleda acusa ao goberno local de “vender fume” coa escultura do hórreo
Ecos da Comarca/Silleda

O presidente de Contigo Silleda, Julio Ramos, considera que a instalación da escultura en forma de hórreo, na rotonda de mellora na EP 7201 foi a “estratexia perfecta do rexedor, Manuel Cuiña, para ocultar a falta de previsión e orzamento para a instalación das luces do Nadal no municipio de Silleda e tiveron que “recorrer” aos seus homónimos gobernantes provinciais, e tirar de asociacións, para que saian ao rescate da quebrante situación de gobernabilidade da Corporación Municipal e así poder “disfrazar” as carencias do Consistorio cos “solidarios agasallos” do Nadal que nos “brinda” a Deputación, coa finalidade de “deber o favor” nas próximas eleccións municipais de 2023 e poder soster a gobernabilidade tanto municipal, como provincial".
Contigo Silleda reprende ao rexedor municipal por “concederlle o mérito e o feito á Deputación Provincial de que a escultura non supoña ningún gasto ao Concello cando sabe perfectamente que nos esta custado aos veciños de Silleda nin mais nin menos que a suma de 23.000 euros, máis os gastos dos operarios municipais polos previos traballos de albañilería, para a posterior instalación da escultura".
NOTICIA RELACIONADA:








Comentarios