top of page

Constituídas as 3.912 mesas electorais situadas en Galicia sen incidencias

hace 2 horas
2 min de lectura

Máis de 2,7 millóns de electores e electoras poderán participar nas eleccións xerais nesta xornada

Ecos da Comarca/Xeral


ELECCIÓNS XERAIS 29 NOVEMBRO 2026

Ás 9:15 deste domingo, 29 de novembro, quedaron constituídas as 3.912 mesas electorais que acollen durante a xornada de hoxe as eleccións xerais en Galicia. Ás oito da mañá constituíronse as tres primeiras mesas en Galicia: no Centro Social de Toimil, en Xove (Lugo), na antiga Escola Pública de San Cristovo, en Monterrei (Ourense) e no edificio de Servizos Múltiples de Neda (A Coruña). A primeira mesa que se constituíu na provincia de Pontevedra foi a do Centro Sociocultural de Trabanca, en Vilagarcía de Arousa, que o fixo ás 8 e un minuto.


A provincia de Ourense foi a primeira en completar a constitución da totalidade das súas 523 mesas electorais, coa última en Baños de Molgas. En Lugo, a última mesa en constituírse foi na Aula da Natureza de Friol e en Pontevedra, no CEIP Froebel da cidade de Pontevedra. Na Coruña, a última mesa constituída foi unha das situadas no Centro Ágora, na cidade da Coruña, ás 9 e cuarto. Nesta mesa, a Xunta Electoral acordou a prolongación en 15 minutos do horario de votación. A apertura completouse sen incidencias reseñables.

Neste domingo electoral están chamados a votar 2.734.433 electores e electoras, das que 2.217.410 persoas corresponden ao censo de electores residentes (CER) mentres que 517.023 son persoas do censo electoral de residentes estranxeiros (CERE). Un total de 75.980 persoas poderán exercer o dereito ao voto en Galicia por primeira vez. Estas eleccións elixirán as persoas que ocuparán 23 escanos no Congreso dos Deputados e 16 no Senado polas catro circunscripcións electorais de Galicia.


A Delegación do Goberno realizou nestas semanas varios simulacros do procedemento electoral, co obxectivo de que as próximas horas se desenvolvan coa mesma normalidade que nas pasadas eleccións. En total, está mobilizado un equipo de 260 empregados e empregadas da Delegación e das catro subdelegacións nas provincias.

 PUBLICIDADE

En total hai 3.912 mesas en 2.307 locais electorais. Estas son xestionadas por 11.736 integrantes das mesas. No seguimento e recompilación de datos participan un total de 2.528 representantes da Administración. Ademais, contarán co respaldo de 7.697 efectivos das Forzas e Corpos de Seguridade. En concreto, 4.241 da Garda Civil; 2.414 da Policía Nacional e 1.042 de Policía Local.


Entre as principais novidades deste proceso electoral, os electores e electoras poderán identificarse por primeira vez co DNI dixital, a través da aplicación MiDNI. Para facilitar este procedemento, cada mesa electoral contará cun dispositivo de lectura.

  PUBLICIDADE

Preme na imaxe para contactar connosco.
Preme na imaxe para contactar connosco.

Resultados

Haberá dous avances de participación: ás 14 e ás 18 horas. Ás 20 horas pecharanse as mesas e empezará o escrutinio, sumando os votos efectuados en mesa coa incorporación dos votos emitidos por correo.


Os representantes da Administración presentes nas mesas realizarán a comunicación dos resultados, que poderán consultarse na web das eleccións xerais, que está xa operativa, https://29neleccionesgenerales.es/ e na aplicación móbil habilitada polo Ministerio do Interior.

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
32941502-7315-4b45-bdb2-1e2337015ba2.jfif

© 2026 por Ecos da Comarca.

​

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page