top of page

Constituido o comité executivo das Novas Xeracións do PP da provincia de Pontevedra

1 jul
2 min de lectura

O lalinense Sergio Quinteiro será o vicesecretario de medio rural e Arianna Camba, a coordinadora en Deza-Tabeirós


Ecos da Comarca/Deza

O presidente de Novas Xeracións de Pontevedra, Raúl Santamaría constituíu este luns o novo comité executivo da formación, que está integrado por 20 rapaces e rapazas de toda a provincia. Ademais do presidente, conta con 1 vicepresidente, 1 secretaria, 9 vicesecretarias e 8 coordinadores comarcais.

Raúl Santamaría amosou a súa satisfacción nesta nova etapa de NNXX. “Somos un equipo xove, un equipo formado, un equipo unido e sobre todo, somos un equipo con moitas ganas de traballar polo noso partido, polos nosos xovenes e pola nosa provincia”, indicou.

 PUBLICIDADE

Preme para obter máis información.
Preme para obter máis información.

O comité está integrado polo presidente, Raúl Santamaría; Iago Criberio de A Estrada e

Sonia Baqueiro de Soutomaior, como vicepresidente e secretaria respectivamente. Como

vicesecretario de organización nombrouse a José Caramés de Vigo; como vicesecretario

de comunicación e redes a Óscar Cernadas de Pazos de Borbén; como vicesecretario de

mobilización e actos a Adrián Arias, de Marín; como vicesecretario de política municipal e

acción política a Juan Bayón, de Vilagarcía de Arousa.


Nesta mesma liña, nombrou como vicesecretario de medio rural a Sergio Quinteiro, de

Lalín; como vicesecretario de cultura e lingua a Rodrigo García, de A Estrada; como

vicesecretario de universidades e formación, a Cristian Domínguez, de Vigo; como

vicesecretaria de emprego e emprendemento, a Antía Aragunde, de Vilanova de Arousa;

e como vicesecretaria de acción xuvenil e asociacionismo, a Cristina García, de

Pontevedra.

 PUBLICIDADE

Preme na imaxe e contacta con nós!
Preme na imaxe e contacta con nós!

Os coordinadores e coordinadoras comarcais son Alejandra Viña, en Vigo; Paula Regojo,

en Pontevedra; Abelardo Rodiño no Salnés; Arianna Camba, en Deza-Tabeirós; Alba

Martínez, no Baixo Miño; Sara Martínez, no Ulla-Umia; e Luis Martín, na comarca do

Morrazo.

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

​

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page