Concentración mañá, 20 de maio, en Melide para esixir atención pediátrica
- ecosdacomarca
- hace 5 horas
- 1 Min. de lectura
O Concello de Melide solicitoulle hoxe mesmo á Consellería de Sanidade este servizo
Ecos da Comarca/Melide
O Concello de Melide solicítalle á Consellería de Sanidade atención pediátrica no centro de saúde. Nun escrito remitido esta mañá á Consellería de Sanidade, reivindicouse, unha vez máis, a necesidade urxente de contar no Centro de Saúde con atención pediátrica. Mañá, martes, haberá unha concentración.
"A sanidade pública é un servizo imprescindible, básico e necesario. Melide ten que ter atención pediátrica todo o ano, e incluso ten que ser reforzada nos meses de verán cando a poboación aumenta exponencialmente", recalca o Concello.
Publicidade
Mañá, martes 20, haberá unha concentración.

Publicidade
A concentración será ás 19 horas diante do centro de saúde de Melide.
Comments