top of page

Compromiso por Lalín alerta do "estado de abandono do antigo vertedoiro de Sete Fontes"

7 abr 2023
2 min de lectura

Insta ao goberno a "acondicionalo de inmediato"


Ecos da Comarca/Lalín

O responsable de Rural de Compromiso por Lalín, Miguel Medela, alerta do "estado de abandono no que o goberno de Crespo -e de maneira específica o seu concelleiro de Medio Ambiente- manteñen dende hai anos o antigo vertedoiro municipal de Sete Fontes".

Ese vello depósito de lixo, como sinala Medela, precisa un acondicionamento con urxencia, xa que está cuberto de vexetación e maleza que incluso cobre por completo o seu peche e a súa entrada. “Practicamente non se distingue onde empezan os terreos do vello vertedoiro e onde os das fincas limítrofes”, lamenta o concelleiro de CxL.

Miguel Medela está convencido de que o goberno local non actuou neste espazo en case todo o que vai de mandato, dado “o aspecto lamentable que presenta”. O que si fixo, “na súa habitual estratexia de intentar enganar á xente”, foi anunciar un proxecto de repoboación forestal para intentar recuperalo como carballeira e espazo de ocio, co cal -dicían- xa non serían necesarias as tarefas de desbroce.

Preme na imaxe para acceder á web desta empresa.

“Supoño que na cabeza de César Reboredo semellaba unha boa idea”, di Medela, “pero debéuselle esquecer despois de que alguén lle advertise de que esa plantación podía levar máis riscos ambientais que beneficios”. Polo tanto, a día de hoxe “o que ía ser unha carballeira é tan so unha toxeira e unha silveira sen control e as tarefas de desbroce seguen a ser absolutamente necesarias”.

Preme na imaxe se queres contactar connosco!

Por iso, e “á marxe dos habituais anuncios do PP que quedan en nada”, Medela lémbralle ao concelleiro de Medio Ambiente que é imprescindible acometer tarefas de conservación neste tipo de depósitos de lixo clausurados. “Só desa maneira”, indica Medela, “se pode reducir o risco de incendios provocados pola acumulación da vexetación e efectuar con normalidade as tarefas de control ambiental necesarias para este tipo de espazos”.

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

​

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page