Trátase dunha aposta lúdico educativa que chega a Silleda por terceiro ano consecutivo, participando preto de 60 nenos e nenas ata o venres
Laura Moure/Silleda
Silleda acollerá durante toda esta semana, ata o venres 30 de A Vila do Mañá, unha aposta lúdico educativa que nos últimos anos se desenvolveu en distintas localidades galegas e que chegou tamén ata San Paulo, no Brasil. Preto de 60 nenos e nenas disfrutarán con actividades e intervencións relacionadas ca arte e a arquitectura en horario de mañá e de tarde, e sen custe algún para as persoas usuarias.
Como podemos recuperar a identidade das novas vilas e cidades? Como poderían volver a ser novo lugar de encontro e intercambio….? Algunhas destas cuestións levaron no seu día ao estudo PØSTarquitectos a crear o proxecto A Vila do Mañá, unha iniciativa educativa e de divulgación para que dende a dinámica do xogo a infancia tome conciencia de todas as escalas do común: a arquitectura, o patrimonio tanxible e intanxible, o urbanismo e a paisaxe e tamén a literatura.
Os obradoiros deron comezo este luns no pavillón municipal César G. Fares, co grupo dos máis cativos, de 5 a 10 anos, que traballaron sobre complexidade estructural, construindo ideas,e con conceptos como o equilibrio, a resistencia, a escala ou tridimensionalidade.
Estes obradoiros, para nenos e nenas a partir de 5 anos, do termo municipal con distintas actividades coordinadas por personal monitor que se desenvolverán en horairo de mañá e de tarde nas rúas e espazos públicos de Silleda terán como protagonista este ano a obra de Antón Alonso Ríos. A rapazada realizará un roteiro literario a través da obra do Siñor Afranio pola vila de Silleda, con pisadas que irán acompañando ao grupo en cada intervención.
As actividades, organizadas polas Concellerías de Cultura, de Educación e de Urbanismo, son gratuitas. O reto principal é que a infancia e a adolescencia estean presentes de
forma activa no proceso de construción dos espazos comúns, dotándoos das ferramentas necesarias para desenvolver a súa creatividade dende a arte e a arquitectura e fomentar o coñecemento da lingua e a literatura galegas.
“O fin é provocar neles e espertar unha nova mirada sobre os espazos nos que desenvolven a súa vida”, explica Sandra González, promotora da iniciativa.
Comments