top of page

Comezan en Silleda as obras preparatorias para o operativo dun transporte especial pola N-525

Está previsto que se realicen un total de 27 transportes en 17 pasos en horario nocturno


Laura Moure/Silleda

Os preparativos para o paso dun transporte especial para a construción dun parque eólico deron comezo nos últimos días no municipio de Silleda. Estes traballos, que inicialmente estaban previstos en setembro do pasado ano, iniciáronse con obras nas inmediacións da rotonda de acceso á vila de Silleda, na N-525, un dos puntos por onde pasará dito operativo. Dende o Concello de Silleda informaráse á veciñanza do operativo especial de transporte en canto se coñezan as datas exactas e o horario de paso do transporte, que trasladará elementos de parques eólicos en vehículos de grandes dimensión.

A empresa Laso Abnormal Loads solicitou no seu día o permiso ao Concello unha vez autorizado o pase deste transporte polas autoridades pertinentes e o Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana para utilizar o tramo da estrada Nacional Santiago-Ourense (N525) entre Silleda e Chapa.


Publicidade

Segundo dita solicitude, está previsto que se realicen un total de 27 transportes en 17 pasos en horario nocturno, para unha menor afección ao tránsito na citada estrada. Debido ás dimensión do transporte (con 50 metros de lonxitude) será preciso retirar varios elementos do mobiliario urbano, tarefas que asumirá a empresa de transportes.


Así, na rúa do Trasdeza está previsto retirar a partir de hoxe un total de 7 farolas e varios contenedores nos tramos curvos da principal arteria de Silleda (xunto ao consistorio e ao enlace ca rúa Pintor Colmeiro).


Publicidade

Cruce de Chapa

O paso deste transporte especial afectará tamén ao cruce da estrada N- 525 ca N-640 á altura de Chapa, onde será preciso modificar o sentido da circulación para o paso destes vehículos.


Laso depositou ademais un aval de 15.000 euros en favor do Concello de Silleda, por se fora necesario asumir danos en bens públicos municipais. O operativo levarase a cabo en coordinación ca Policía Local de Silleda.


En canto se coñezan as datas e horarios, informarase por distintas canles á veciñanza.




0 comentarios

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page