top of page

Comezan as obras do Skate Park na Praza Juan Salgueiro de Silleda

Un modificado proxecto permitirá melloras en espazos urbanos e instalacións deportivas de Silleda e A Bandeira


Laura Moure/Silleda

O Concello de Silleda vén de iniciar as obras para a instalación do skate park na Praza Juan Salgueiro, logo da aprobación, o pasado 18 de xullo, por parte da Deputación de Pontevedra, da modificación do proxecto incluído no Plan Extraordinario de Infraestruturas Deportivas. Sen esa autorización non era posible arrincar as obras.


A empresa encargada dos traballos, Urbanismo Técnico Sostible, xa vallou todo o perímetro da obra para realizar os traballos con todas as garantias de seguridade ao estar no ámbito dun parque infantil, e comezar a execución da soleira base, sobre a que se instalarán os elementos de xogo, que estarán formados por distintos módulos de skate homologados, con estruturas metálicas e superficies de rodadura de alta resistencia.

O conxunto estará composto por un módulo con barandilla de 0,90 x 2,44 x 2,95 metros, outro de 0,90 x 1,22 x 3,44 metros, dous módulos de 0,60 x 1,22 x 2,31 metros e dúas unidades curvas de tubo de 0,40 metros de altura e 0,60 metros de diámetro, cunha delas de 7 metros de lonxitude e outra de 3 metros. Ademais, nas melloras do contrato inclúese un segundo módulo de 0,90 x 2,44 x 2,95 metros, co que se reforza a oferta de elementos no parque. Todo elo, se terminará cun valado e iluminación propia.


A actuación, forma parte dun investimento total de 64.029,42 euros, correspondente á subvención concedida ao proxecto inicial, que incluía tamén unha pista multideportiva, que no novo proxecto modificado desaparece, xa que, no replanteo das obras realizado o 22 de xaneiro de 2025, detectouse que o espazo previsto para esa pista non era axeitado para a práctica do baloncesto debido á presenza de lixeiras pendentes transversais. A súa corrección implicaría intervencións fóra do ámbito do contrato e non previstas, polo que se decidiu suprimir esa parte da actuación e solicitar á Deputación a aprobación dun novo proxecto.


En todo caso, o goberno local mantén o compromiso de dotar ao municipio deste equipamento. A proposta é incorporala ao novo espazo deportivo que se está a deseñar, vinculado á futura piscina climatizada.


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información.
Preme na imaxe para obter máis información.

O novo proxecto modificado mantén a instalación do skate park, cun orzamento de 39.336,34 euros, e permite destinar os 24.693,08 euros restantes a melloras en outros recintos deportivos e ao equipamento de espazos públicos.


Con esta modificación, “conseguimos optimizar o investimento dispoñible, mellorar o estado de varias instalacións deportivas municipais e reforzar a nosa aposta por un deporte ao aire libre, seguro e accesible para toda a veciñanza” di a alcaldesa


Estas novas actuacións inclúen a dotación de equipamento deportivo ao aire libre nas prazas Mestre Mateo (Silleda) e Vales Mahía (A Bandeira), con unidades combinadas de porterías e canastras, así como unha canastra adicional para a práctica de baloncesto 3x3 na propia Praza Juan Salgueiro. “Estas instalacións foron demandadas polas familias usuarias destes espazos, así como pola rapazada que xoga no Obradoiro Silleda e que tantos éxitos nos teñen dado este ano”, sinala a alcaldesa.


Publicidade

Preme na imaxe se queres contactar connosco.
Preme na imaxe se queres contactar connosco.

Tamén se instalarán redes de protección na pista multideportiva da Bandeira, garantindo así maior seguridade fronte á saída de balóns cara ás vivendas próximas e, sobre todo, cara á zona de xogos infantís. “A convivencia de diferentes idades nestes espazos de xogo obríganos a garantir a maior seguridade para os máis pequenos e a minimizar os posibles danos nas vivendas próximas”, engade.


Nas instalacións deportivas tamén se acometerá unha importante renovación das redes de

protección do campo de fútbol da Gandareira, na Bandeira, que conta con varios tramos

deteriorados, e substituiranse os bancos e percheiros dos vestiarios do complexo deportivo de Silleda e do campo de fútbol de Mularedos (Lamela). “Todas estas actuacións son demandas dos clubs, ás que lles estamos agora dando cumprimento. Escoitar e actuar”, afirma a rexedora.


Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page