top of page

Colisión entre dous vehículos na parroquia cruceña de Bascuas

Ecos da Comarca/Vila de Cruces

Esta tarde produciuse unha colisión entre dos vehículos na EP 6408, en Bascuas, no concello de Vila de Cruces, que se saldou sen feridos.

Un dos coches implicados. Autor: Protección Civil de Vila de Cruces.

"Ás 18:10 horas, avisounos o 112 desta colisión. Unha vez no lugar, comprobamos que non había feridos, só houbo que lamentar danos materiais", informa Protección Civil de Vila de Cruces. "Os implicados foron un Renault Scenic e un coche dos chamados sen carnet. Segundo relataron os implicados, o coche sen carnet, puxo o intermitente para xirar á esquerda e mirou para atrás, chocando co Scenic que viña cara arriba. Este último só sufríu unha rascadura na aleta", indica Protección Civil.

Ata o lugar, persouse unha patrulla de atestados da Gardia Civil de Lalín, ademais dos efectivos de Protección Civil da localidade.

0 comentarios
IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page