'Coidados porta a porta' chega a Agolada hoxe e estará ata xoves
- ecosdacomarca

- 21 ago 2023
- 1 Min. de lectura
Ecos da Comarca/Agolada
O programa da Xunta de Galicia Coidados porta a porta volve desprazarse a Agolada. A unidade móbil situarase xunto ao Consistorio dende hoxe, día 21 de agosto, ata o 24, ambos incluidos.

Esta iniciativa da Consellería de Política Social presta de xeito gratuíto servizos de audioloxía, podoloxía e estimulación da memoria para persoas maiores de 55 anos. O horario será dende as 9:00 e as 19:30 horas, aproximadamente.
Publicidade
As persoas interesadas poden pedir cita previa e obter máis información chamando aos números 622 748 283 – 623 546 992 ou a través do correo electrónico coidadosportaaporta.politicasocial@xunta.gal







Comentarios