top of page

Cogami valora contar cun recurso habitacional para persoas con discapacidade na comarca da Estrada

Foto del escritor: Laura MoureLaura Moure

Actualmente estase a levar un proxecto piloto no que seis persoas do centro silledense de Medelo van pasar por un piso adaptado que conta con apoio de profesionais tituladas en educación social e coidadoras


Laura Moure/Deza

O pasado mes de marzo, o centro que COGAMI ten en Medelo (Silleda) embarcou nun proxecto novo co que poder comprobar se existe a necesidade dentro da comarca da apertura dun modelo de vivenda que lle permita ás persoas con discapacidade vivir de xeito autónomo e independizarse do seu núcleo familiar. Así é como nace o proxecto HAVI (Hacia unha vida independente). Financiado por Fundación La Caixa;, actualmente son tres as persoas usuarias que comparten piso en A Estrada e despois pasarán outras tres para vivir esta experiencia, tendo como data de remate o 15 de xuño.


“A día de hoxe existen moi poucos recursos de vivenda adaptada ou asistida para persoas

con discapacidade, por iso estamos traballando agora mesmo dende o servizo de atención diúrna que COGAMI ten en Medelo, no Concello de Silleda, con este proxecto piloto”, explica Alba Álvarez, terapeuta ocupacional e encargada do proxecto HAVI.

Alba Álvarez.

O proxecto nace da necesidade de comprobar se existe a necesidade deste tipo de recurso na zona e de analizar se se demanda dunha vivenda que atenda as necesidades das persoas con discapacidade da comarca. Dende o centro de atención diúrna de COGAMI préstase apoio a 27 persoas que acoden a diario de luns a venres procedentes dos concellos de A Estrada, Cuntis, Forcarei, Silleda, Vedra e Vila de Cruces.


“Actualmente son tres as persoas que están vivindo no piso”, explica Alba Álvarez, “e pasarán un total de seis polo proxecto, que nos vai valer para analizar como estas persoas

funcionan, como se pode mellorar e se sería posible sacar adiante un recurso como este,

que xa adiantamos que si estamos comprobando que sería necesario e as persoas que

están dentro do proxecto estanlle sacando moitísimo proveito”.


Querer vivir de xeito independente e contar co apoio das familias son dous dos requisitos

fundamentais que tiñan que cumprir as persoas que forman parte do proxecto HAVI. O

equipo de profesionais do centro de Medelo foi o que realizou a selección final das seis

persoas que van pasar pola vivenda. Contan con apoio de dúas profesionais tituladas en

educación social e tres coidadoras pero son as persoas que conviven as que teñen que

aprender a desenvolverse por si mesmas nas tarefas do fogar, limpeza, cociña e compra.


Publicidade

Preme na imaxe se queres contactar connosco.

“Este proxecto serve para fomentar a autonomía das persoas, a súa participación na súa

propia contorna, facilita unha vida autónoma e evita a súa institucionalización”, opina Alba

Álvarez quen engade que “moitos a día de hoxe viven coas súas familias pero os anos

pasan e co tempo as familias van falecendo e estas persoas acaban en residencias en

idades moi temperás”.


Para finalizar, a coordinadora do proxecto expresa que “a través deste recurso a persoa pode ser autónoma, facer vida na comunidade como ir ao supermercado ou a tomar un café. É importante porque son persoas relativamente novas e teñen a oportunidade que tivemos a maioría no noso momento de decidir vivir soas. HAVI ofrece a oportunidade de acompañalas neste proceso”.


NOTICIA RELACIONADA:


Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page