top of page
Foto del escritorLaura Moure

Usuarios de Medelo comparten piso na Estrada nun proxecto piloto cara unha vida independente

Laura Moure/Silleda

Seis persoas usuarias do centro de atención diúrna, terapéutica e ocupacional que ten COGAMI en Medelo (Silleda) están a vivir unha experiencia piloto que leva por nome HAVI (Hacia una vida independiente). Consiste en compartir un piso durante 3 meses co apoio de dúas profesionais tituladas en educación social e 3 coidadoras.

Óscar, Gaspar e Javier son os primeiros en iniciar esta nova experiencia. Os tres comparten unha vivenda dotada de tres cuartos situada no concello de A Estrada e os tres foron seleccionados polo equipo profesional do centro de Medelo porque compren cos dous factores fundamentais: desexan vivir de xeito independente e as familias coas que conviven están de acordo co proxecto. Nas vindeiras semanas, serán outras tres persoas as que poidan vivir esta experiencia, ata que remate o 15 de xuño.


Publicidade

Este proxecto, financiado por Fundación "la Caixa" ten como obxectivo facilitar unha primeira experiencia de vida autónoma ás persoas usuarias do centro de Medelo. Estarían preparadas para ter unha vida máis independente pero non contan coa oportunidade para poder levala a cabo. Durante os 9 meses que ten este proxecto como duración total, a través do deseño de itinerario personalizados, buscarase o desenvolvemento autónomo da persoa, favorecendo a súa participación social e laboral, para os que se traballará a vida independente, a economía no fogar e o coidado persoal.


Publicidade

Proxectos como este son necesarios porque na contorna no que viven as persoas usuarias do centro de Medelo carece de recursos similares e as persoas que as coidan van envellecendo. Se non se empeza a traballar neste tipo de experiencias, no futuro moitas destas persoas vivirán institucionalizadas, lonxe da súa contorna e en prexuízo dos seus dereitos individuais. HAVI pretende facilitar ás persoas con discapacidade intelectual que conten na súa contorna con posibilidades reais de exercer o seu dereito a unha vida autónoma na súa comunidade de referencia.


Promover que incremente a participación, favorecer o desenvolvemento emocional e comunicativo, aumentar a autoestima, fomentar a autonomía e fomentar entre as familias e persoas coidadoras que os seus fillos, fillas ou familiares vivan e tomen decisións independentes e autónomas son outros dos obxectivos que pretende cubrir este programa HAVI cara a unha vida independente.



0 comentarios

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page