top of page

Cogami vai desenvolver 41 proxectos, entre eles en Medelo, Silleda, a través da Fundación ONCE

Entre estas melloras están a instalación de baterías fotovoltaicas, novos vehículos adaptados e programas de atención a persoas con distintas doenzas


Ecos da Comarca/Silleda

A Fundación ONCE, a través da convocatoria de Plan de Prioridades que xestiona COCEMFE, concedeu unha subvención de 540.000 euros a COGAMI para financiar os proxectos que presentou xunto ás súas entidades membro, co fin de mellorar a calidade de vida das persoas que representan. 


A través desta subvención, 31 entidades e centros pertencentes a COGAMI están a desenvolver 41 proxectos durante este ano, 37 destes relacionados coa atención para a autonomía persoal e vida independente e 4 dirixidos á mellora do servizo de transporte adaptado. Todos estes programas teñen como finalidade, ademais de mellorar as condicións das instalacións e a calidade dos servizos, potenciar a autonomía persoal, a vida independente e a mellora da calidade de vida das persoas con discapacidade e familias.

Os centros de atención diúrna de COGAMI en Fingoi (Lugo), Medelo (Silleda) e Mos resultaron beneficiarios destes fondos que se van investir na actualización e adquisición de equipamento informático e mobiliario de obradoiros para centros e oficinas; o centro de Fingoi poderá reformar as infraestruturas, instalar dúas casetas exteriores e baterías fotovoltaicas; o centro de Medelo poderá mellorar o equipamento e instalar baterías fotovoltaicas e o centro de COGAMI en Mos, vai instalar aerotermia, baterías fotovoltaicas, ademais de mellorar o servizo de transporte adaptado e realizar obras de conservación e instalación de elementos de seguridade.


Entidades beneficiarias

A demais dos centros de atención diúrna de COGAMI, son moitas as entidades que forman parte da Organización as que se beneficiaron destes fondos do Plan de Prioridades da Fundación ONCE.

 PUBLICIDADE

Preme na imaxe para obter máis información deste evento.
Preme na imaxe para obter máis información deste evento.

Na provincia de A Coruña desenvolveranse 12 proxectos a través destas entidades membro: UGADE levará a cabo un servizo de apoio psicolóxico a persoas con epilepsia; ACEM Santiago, un programa de fisioterapia especializada para a autonomía en enfermidades neurodexenerativas; ACEM Coruña, un programa de mantemento do servizo de transporte adaptado; Parkinson Galicia-Coruña, un programa de atención integral ás persoas con enfermidade de Parkinson; ALCER Coruña, un servizo de atención ao impacto sobre o proxecto de vida das persoas con enfermidade renal crónica e as súas familias; ConArtritis, un servizo de integración e orientación para a promoción da autonomía persoal; ÍNTEGRO, un programa de adquisición e adestramento das actividades básicas da vida diaria; LIREGA, un grupo de apoio para o empoderamento de persoas con ERyMES; ADISBISMUR, un programa de lecer inclusivo no rural; MISELA, un proxecto de equipamento informático "Conectando capacidades"; ÁMBAR e AVANTE melloran o seu servizo de transporte adaptado.


Na provincia de Lugo, son 4 as entidades beneficiarias dos fondos do Plan de Prioridades da Fundación ONCE: A Mariña-COGAMI, que desenvolverá un programa de promoción da autonomía persoal para as persoas con discapacidade da Mariña Lucense e outro de mellora da eficiencia enerxética do centro de atención diúrna que ten en Palmeiro (Xove); AGORA, cun programa de mellora das instalacións do seu centro de atención diúrna; ALCER Lugo, cun programa de atención social e nutricional na enfermidade renal e ALUCEM, cun proxecto de atención psicolóxica e sensibilización en esclerose múltiple.

Na provincia de Ourense, as 4 entidades beneficiarias destes fondos son: AODEMPER, cun programa de actividade física adaptada e fisioterapia neurolóxica; ALCER Ourense, que ofrecerá orientación e apoio a persoas con enfermidade renal crónica a través do proxecto Alcer Contigo; ACCU Ourense, cun servizo de atención integral, promoción da autonomía e inclusión social para persoas con enfermidade inflamatoria intestinal e AFFOU, cun proxecto de atención psicosocial e rehabilitación para persoas con fibromialxia e fatiga crónica.

 PUBLICIDADE

Preme na imaxe para contactar connosco.
Preme na imaxe para contactar connosco.

Na provincia de Pontevedra, son 4 os proxectos financiados polo Plan de Prioridades que se van desenvolver nestas entidades: ADAPTA cun programa de mantemento de actividades e servizos; VONTADE desenvolverá un programa de prevención e atención dos trastornos do desenvolvemento infantil e adquirirá un novo vehículo adaptado; ASEARPO centrarase no mantemento físico e mental das persoas con artrite e ACCU Vigo ofrecerá un servizo de atención integral e asesoramento a persoas con enfermidade inflamatoria intestinal.


Outras entidades beneficiarias, con ámbito autonómico de intervención, son ACADAR desenvolverá o proxecto "Creando en rede"; Asociación Galega de Fibrose Quística que prestará un servizo de atención integral a persoas con fibrose quística; AGL ofrecerá un servizo de fisioterapia especializado para persoas diagnosticadas de linfedema e lipedema; ASEM Galicia impulsará un programa de vida autónoma e independente para persoas con enfermidades neuromusculares coa axuda dunha asistente persoal; AGADHEMO desenvolverá un servizo de atención, asesoramento e información a persoas con coagulopatías; e ASOTRAME poñerá en marcha unha vivenda de estancia temporal para pacientes oncolóxicos e as súas familias.

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page