Cogami informa en Silleda sobre os servizos residenciais dirixidos a persoas con discapacidade
- ecosdacomarca
- 31 may 2022
- 1 Min. de lectura
Ecos da Comarca/Silleda
Mañá, mércores, 1 de xuño, ás 11:30 horas, o centro de recursos que COGAMI ten en Medelo (Manduas, lugar de Medelo s/n, Bandeira, Silleda) acollerá unha charla para informar sobre os servizos residenciais que existen orientados ás persoas con discapacidade intelectual.
Esta charla pretende asesorar e informar, tanto a persoas usuarias do centro de Medelo
como ás súas familias e a calquera outra persoa que poida estar interesada, sobre as diferencias existentes entre vivendas tuteladas e residencias. Estas charlas forman parte do programa de actividades que desenvolve o centro e que está dirixido ás familias, para informalas polo miúdo sobre os servizos que existen para a atención das persoas con discapacidade e aos que poden optar para mellorar a calidade de vida tanto das persoas con discapacidade como das propias familias.

Comments