Clausura do Primeiro Obradoiro de Emprego “Terras de Camba I”
- ecosdacomarca

- 26 sept 2025
- 1 min de lectura
Estivo organizado conxuntamente polos Concellos de Rodeiro, Dozón e Agolada
Ecos da Comarca/Deza

Onte tivo lugar na Casa da Cultura de Rodeiro a entrega de diplomas do Obradoiro de Emprego “Terras de Camba I” organizado conxuntamente polos Concellos de Rodeiro, Dozón e Agolada. "Quero agradecer especialmente ao alcalde de Agolada e ao Tenente de alcalde de Dozón pola confianza depositada no Concello de Rodeiro para a organización deste primeiro obradoiro de emprego no noso concello, Terras de Camba I Igualmente, moito agradecido ao Xefe Territorial de Emprego da provincia de Pontevedra pola súa presenza hoxe en Rodeiro", sinalou o mandatario cambote, José Luis Camiñas.
"Un recoñecemento tamén moi grande ao equipo directivo e traballadores do noso concello e a todas as persoas implicadas ao longo deste proxecto de emprego, polo seu compromiso, dedicación e traballo constante. O máis importante é a formación do alumnado, que lles abre novas oportunidades para reincorporarse ao mercado laboral", engade.
PUBLICIDADE
En canto ás obras que se fixeron neste municipio, destaca:
Recuperación do Camiño Real, que vai de Rodeiro a Pallota.
Restauración de varias fontes que estaban totalmente abandonadas.
Mellora dun palco da música, recuperando un espazo de encontro para a veciñanza.
PUBLICIDADE
"Parabéns a todo o alumnado polo seu esforzo e moito éxito na súa nova etapa profesional!








Comentarios