top of page

Claudia Fernández do Atletismo Deza, campioa galega de salto con pértega na categoría Sub14

O Campionato Galego celebrado a pasada fin de semana supuxo a colleita de numerosos galardóns para os deportistas do club dezá


Ecos da Comarca/Deza

Na pasada fin de semana, celebrouse o Campionato Galego Sub10, Sub12 e Sub14 en

Expourense. Ata aló foron numerosos deportistas do Atletismo Deza, que participaron na

proba de pista cuberta de xeito individual.

Na categoría Sub10, o Club contou coa representación por parte de Vera Penas, quen realizou a proba de 50 metros lisos, obtendo unha marca persoal de 9:10 e tamén en 500 ml, fixando un tempo de 1:56.


Na categoría Sub 12, Irea Magdaleno obtivo un 12° posto en salto de altura con 1,15, mentres Adela Sánchez quedou 13ª en 60 metros lisos cunha marca persoal de 9,38. Olivia Ferradás participou en lanzamento de peso 2 kg e fixo 5,51 metros; André Félez fíxoo en 60 ml e salto de lonxitude con dúas marcas persoais (9,62 e 3,61 metros); finalmente, Brais Sánchez fixo os 1000 metros lisos en 3:35.

 Publicidade

Preme para obter máis información.
Preme para obter máis información.

Na categoría Sub14, obtívose a maior alegría para Claudia Fernández, quen se proclamou

campioa galega de salto con pértega con 2,00 metros. Tamén se recolleu un bronce na mesma proba da man de Icía Penas (con 1,80 metros), que tamén obtivo un quinto posto en triplo salto con marca persoal de 9,23 metros.


Outra das medallas foi para Iago Rodríguez, quen quedou 3º en 1000 metros lisos e un tempo de 3:07, e 9° en salto de lonxitude con marca persoal de 4,12 metros. Nora Gómez obtivo unha 4ª posición en salto con pértega con marca de 1,80 e 6ª en 60 metros valados con marca de 11:21. Martina Granja foi 5ª en salto con pértega con 1,70.

 PUBLICIDADE

Preme na imaxe para contactar con nós!
Preme na imaxe para contactar con nós!

Telma Salgueiro fixo un salto de altura de récord para o Atletismo Deza nesta categoría, de

1,30, deixándoa así no 8º posto. Helena Blanco foi 10ª en 60 metros valados con un tempo de 9:51 e 12ª en salto de altura con 1,26.


Claudia Sahagun obtivo 12° posto en 60 metros lisos con 8:67 e 17° en 500 ml con 1:33.

Carlota Trabazo foi 12ª en triplo salto con marca de 8,34 metros e 18ª en 500 metros lisos con 1:33. Carmen Márquez quedou 19ª en 60 metros valados con 12:80 de tempo.


Voluntarios/as Carreira do Cocido

Dende o Club Atletismo Deza indican que os sorteos da Carreira do Cocido xa comezaron nas redes sociais do Club. Ademais, xa están en busca de voluntarios para a cita. Para iso, disponse dun formulario que poden solicitar a través das redes sociais ou do correo

atletismo.deza@gmail.com. Dende o Club piden a máxima colaboración, xa que os/as

voluntarios/as son unha figura imprescindible para que todo funcione correctamente.




Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page