Chega este xoves ao seu fin en Arzúa o programa 'O Xardín dos Contos'
- ecosdacomarca

- hace 10 minutos
- 1 min de lectura
Ecos da Comarca/Arzúa
O Departamento de Cultura do Concello de Arzúa organiza, dentro da programación cultural do verán, a terceira e derradeira sesión do programa de animación á lectura O Xardín dos Contos cunha sesión de contacontos musical este xoves, 3 de setembro, dirixida a público infantil, especialmente entre os 3 e 8 anos.

Despois das funcións levadas a cabo nos meses de verán, o espectáculo Os rizos de Lía pechará o programa a partir das 19:30 horas no Xardín da Casa de Correos, ou no interior en caso de mal tempo.
PUBLICIDADE
Tulis, a contadora aventureira, acompáñanos na historia de Lía, unha nena valente que emprende unha viaxe chea de emocións, aventuras e descubrimentos. A través do conto, o público conecta con valores como a amizade, a autoestima, o respecto pola identidade ou a importancia de confiar nunha mesma. Todo isto acompañado de música para reflexionar, emocionarse e bailar. Paty Lesta será a encargada de narrar a historia e de cantar as cancións compostas para o espectáculo por Cristian Leggiero.
PUBLICIDADE
A entrada será libre e de balde ata completar a capacidade do espazo. O concelleiro de cultura, José Luís García, agradece “ás familias que teñan participado neste programa durante o verán e no resto de actividades dirixidas a público infantil e familiar”. Anima tamén “á participación este xoves para fomentar entre todas e todos a lectura entre o público máis cativo”.








Comentarios